Galería
Galería

Ruta de Augacaída-Castro de Marce

Sendeirismo

A ruta levaranos a unha das fervenzas máis belas da zona, con unha gran altura, un impresionante salto de 40 metros. Ao final do camiño atópase o Castro de Marce, un precioso miradoiro natural sobre o río Miño. 

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
2,42 km
Tempo da ruta
1 h 15 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Estrada a Marce (Pantón)
Chegada
O Castro de Marce (Pantón)
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 456 m
Baixada: 244 m
M.I.D.E. 0 0 0 0

Esta ruta comeza na estrada que leva a Marce, nunha curva onde se atopa sinalizado o inicio do carreiro. Discorre por un camiño que descende entre o arboredo. Baixamos ao redor dun quilómetro e temos dúas opcións, tomar o camiño que nos leva á Fervenza de Augacaída ou continuar cara o Castro de Marce. A fervenza é unha das máis altas de Galicia e a baixada é o tramo máis complicado da ruta, aínda que actualmente pódese realizar por unhas pasarelas de madeira que facilitan o descenso. 

Ao longo da senda, atópanse varios restos de arquitectura popular, como os refuxios para gañado, pero o máis interesante é o Castro de Marce. Este antigo poboado castrexo sitúase no alto dun montículo, cuxa altura permite gozar dunhas espectaculares vistas do Miño.

Ruta Fervenza de Augacaída- Castro de Marce

Equipamento e servizos

Roteiro sinalizado

Accesibilidade

En bicicleta
En coche