
Travesía Centro BTT Ribeira Sacra Parador Santo Estevo - Fábrica da luz

ATENCIÓN: Ruta sinalizada parcialmente para bicicletas. Recoméndase o uso do GPS.
Esta travesía do centro BTT Ribeira Sacra, pertencente á Rede BTT Galicia, permite explorar o Canón do río Sil, no límite entre as provincias de Ourense e Lugo, principal protagonista desta travesía.
Unha subida moi esixente atravesa o conxunto de casas da aldea de Santo Estevo de Ribas de Sil ata chegar ao primeiro punto de interese situado no Castro de Litoria. Continuamos polo Camiño Natural Ribeira Sacra gañando altura ata alcanzar a Serra da Meda onde arrinca un espectacular descenso cara ao encoro de Hedrada en Parada de Sil. Desde ese punto a ruta continúa ata alcanzar a beira do Canón do Sil con tramos moi esixentes que lle obrigarán en ocasións a portear a bicicleta para superar algunhas zonas de viñedos construídos en terrazas, coñecidas localmente como socalcos. Na Fábrica da Luz, ao finalizar o percorrido, o cicloturista poderá recuperar forzas paseando pola pasarela do río Mao, un dos principais atractivos de turismo de natureza da zona.
Tipo de firme: 3% estrada (1,79 km), 15% pista asfaltada (7 km), 13% pista sen asfaltar (5,92 km), 69% camiños e sendas (32,04 km).
Desnivel acumulado positivo: 1284 m
Accede ao PDF da ficha de ruta aquí.
Travesía Centro BTT Ribeira Sacra. Parador Santo Estevo - A Fábrica da Luz
Equipamento e servizos

Accesibilidade
