Sendeiro de castiñeiros e carriozas
Unha paixase que admirar, riqueza natural que conservar e historias para lembrar, será o que atopes camiñando polo sendeiro de Castiñeiros e Carriozas. Achégate aos segredos que gardan os soutos centenarios, sinte a vida e a historia agochada en cada recuncho e, sobre todo, ¡non esquenzas volver!
O castiñeiro é a árbore da nosa vida. Soutos como este, axudaron a construír a vida galega. Os castiñeiros foron a sombra do verán, a madeira das casas e mobles e, sobre todo, fonte de alimento ao longo do ano. O castiñeiro é un sinal da identidade galega.
A vida latexa en cada recuncho do souto, nel atopan acubillo moitos animais representativos do bosque atlántico (rulas, bubelas e xabarís). Todos son parte da súa riqueza natural. Cada ano os castiñeiros fan un agasallo para todas as criaturas do seu contorno: a castaña.
¿Que pode ocorrer se se abandonan os soutos? Arredor das castañas creceu a tradición, xuntanzas de veciños para comelas asadas no magosto, cocidas e mesturadas con leite fresco, ou viño; secas para consumir ao longo de todo o ano. Sempre presentes na mesa galega. ¡A conservación dos soutos garda a tradición, protexe os recursos e xera riqueza!
Os pasos de xeracións enteiras fixeron as carriozas. Casas, terras cultivadas, castiñeiros centenarios, unidos polas carriozas, forman a paisaxe humanizada que conta a súa historia as xeracións de hoxe. Por estes sendeiros circulaban xente cara os seus soutos e leiras.
As estreitas carriozas separaban as propiedades e facilitaban o paso do gando para non causar dano nas fincas veciñas.
Un paseo pola historia e a arquitectura popular: O sequeiro é o lugar onde se pon a secar a castaña, logo da colleita, para ser conservada todo o ano. A casa tradicional galega dános o seu calor, está viva! Os elementos da casa mestúranse nunha entidade viva. A calor que ven da corte e as adegas na planta baixa, mestúrase na primeira planta coa lareira, e o seu fogar permantente, onde xira a vida familiar. A casa galega é a herdanza dun pobo plenamente integrado coa súa contorna natural. A natureza puxo os seus elementos -pedra e madeira- e a xente puxo a súa sabedoría para se adaptar ao medio.
Datos
Distancia: 2,5 Km.
Duración aproximada: 1 hora ou hora e media.
Difucultade: baixa.
Epoca recomendada: todo o ano.
Itinerario peonil. Apto para todas as idades.
O sendeiro pode percorrerse tamén a cabalo ou bicicleta.
Información e contacto
Rúa Fondo de Vila
Parada de Sil
Ourense