Siltrip Embarcación
Embarque: Embarcadoiro dos Chancís (Sober, Lugo)
Duración: 1 hora
O percorrido comeza na parte máis abrupta do Canón do Sil, ao pé dalgúns dos viñedos máis vertixinosos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta ruta, debido ao pequeno calado do barco, permite a posibilidade de achegarse todo o posible á beira para avistar as especies únicas da flora e fauna desta zona.
Durante aproximadamente unha hora, os viaxeiros poden descubrir algunhas das lendas e peculiaridades da nosa terra, con opción a degustación de viño mencía, a uva por excelencia de Ribeira Sacra.
O barco dá a volta para regresar ao seu lugar de orixe á altura do emblemático Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil). Desde o río pódese observar como se esconde entre centenarios bosques.
Servizos complementarios: alquiler barco completo, degustación de viño a bordo, enoturismo e alquiler de kaiaks.
Alejandro, Keka y Manuel
Son Alejandro, diplomado en Turismo, Patrón Portuario e apaixoado da bioloxía e do viño, e xunto con Keka e Manuel formamos o equipo Siltrip.
Embarcación Siltrip
Información e contacto
Embarcadoiro Os Chancís
Sober
Lugo