Visitas guiadas e lanzadeira Santo Estevo de Ribas de Sil

Acción

O Mosteiro de Santo Estevo é un reclamo turístico dos máis destacados do xeodestino Ribeira Sacra. A súas características histórico-artísticas e a súa maxestuosidade, unidas á condición de Parador, fan deste punto un dos máis concorridos do territorio.

Trátase dun recurso no que nos períodos de maior afluencia turística o volume de persoas e vehículos é moi complicado de xestionar, rexistrándose problemas para o tránsito que poñen en perigo o propio monumento e fan que a experiencia non sexa a mellor para os visitantes, nin para a propia poboación local que se sente incomodada cando isto acontece. 

De xeito inmediato non hai alternativas de espazos dispoñibles para o estacionamento, polo que se considera indispensable que, de cara a estas tempadas de maior afluencia de visitantes se limite o acceso de vehículos dende a area existente para o estacionamento a 800 metros do Mosteiro e se poña a disposición de visitantes un servizo de lanzadeira que facilite a accesibilidade por unha estrada de considerable pendente.


Data: Semana Santa 2023 (1 ao 9 abril) e ponte maio (28 abril ao 1 maio) | Verán 2023

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 1 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar