Novo punto de interese turístico Miradoiro en Bazal (Pantón )

Con esta actuación dotouse de infraestrutura e sinalización un promontorio en Bazal, para a súa adecuación como miradoiro. Este punto conta cunha panorámica única dende onde se pode observar o val do río Miño entre Os Peares e Ourense e a cidade de Ourense ao fondo.
O obxectivo desta actuación é o de ampliar a rede de miradoiros por ser dos recursos máis transitados polos visitantes de Ribeira Sacra. No marco do Plan de Sostibilidade Turística poñemos especial atención nas infraestruturas deste tipo nas ribeiras do río Miño que contan cun menor número de localizacións para a contemplación da paisaxe nas ribeiras e que nos permite distribuír os fluxos e desconxestionar os da zona do Canón do Sil.
Data realización: xullo 2024
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.