Posta en valor arqueolóxica no Concello da Pobra do Brollón

O potencial arqueolóxico do concello da Pobra do Brollón, fai precisas distintas accións destinadas a mellorar o coñecemento dos seus bens coa finalidade de garantir contidos, poñelos en valor e aproveitalos como recursos turísticos para atraer visitantes.
Intervirase en tres dos seus recursos: o xacemento de Penas do Castelo, a torre medieval de Castreliño e os bancais de Laceiras e Caselas.
No xacemento de Penas do Castelo (IX-VIII A.C), intervirase para consolidar e restaurar a estrutura, que servirá de atractivo para as visitas e tamén de cara a posta en valor do xacemento.
En Castreliño, unha pequena torre medieval nunca intervida, considérase necesario afondar no seu coñecemento e explorar o seu potencial, para o que se propón unha sondaxe para coñecer a estrutura e a súa datación.
Por último, o concello da Pobra do Brollón está tamén intimamente ligado a tradición vitícola da Ribeira Sacra, pero na marxe do río Lor. Coa fin de dotar de contidos históricos a esta tradición e reclamar un maior rendemento socio-cultural sobre o mesmo, considérase necesario a recollida dunha serie de mostras para datar os bancais das Laceiras e Caselas.
Data realización: en execución
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.