Restaurante Miguel Gonzalez
Especialidade: Solombo de Vaca Marela
Sobremesa: Torrixa
Debe velo como un tesouro gastronómico, pois estando a escasos 6 km de Ourense atópase aislado, e case escondido, nun encantador hoteliño rural de carácter centenario (Hotel Rústico San Jaime), na aldea da Morteira e co acceso por un estreito camiño.
O chef Miguel González, namorado da improvisación e identificado co concepto "#nonvaleparar", defende tres menús degustación sorpresa (Rústico, Cloe e Laia) que evolucionan segundo o mercado, sempre con elaboracións nas que prima o sabor, a delicadeza e a calidade das mellores materias primas adquiridas ese mesmo día. O seu traballo faino merecedor dunha estrela Michelín e un Sol Repsol.
Poderá degustar os pratos tanto no atrativo comedor, de liña rústica e coa cheminea encendida no inverno, como na súa agradable terraza, idónea para desfrutar do entorno na época estival.
Restaurante Miguel Gonzalez
Prezo
Información e contacto
                              A Morteira, 80
O Pereiro de Aguiar
32710 Ourense
                              
            Cómo chegar          
                                                
                                                
                          
                              
                              
                  Que mellorarías?