Sinalización vertical de recursos de Ribeira Sacra

Colocación dun total de 58 sinais de tipo Direccional Intersección Frecha (D.I.F.) en distintas estradas dos termos municipais de A Pobra de Brollón, A Teixeira, Pantón, Ribas de Sil, Xunqueira de Espadanedo e Quiroga, seguindo as indicacións do manual de sinalización da Xunta de Galicia.
Mellorarase a accesibilidade no territorio, mediante a sinalización de novos recursos turísticos, ademais da substitución de elementos que actualmente se atopan ilexibles ou en mal estado polo paso do tempo.
Data realización: xuño 2025
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.