Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Zona de ámbito Xudeu

Outro patrimonio histórico

Aínda que os xudeus de Monforte nunca estiveron confinados, senón que vivían mesturados co resto poboación, probablemente o feito de que moitos fosen artesáns e homes de letras, sexa o motivo de que as referencias máis claras que temos de xudeus vivindo en Monforte, nos falen de persoas que habitaban nas rúas Zapaterías, Falagueira e Pescaderías ou na actual Praza de España, hoxe ligazón co centro comercial da cidade. 

Nun paseo pola xudaría poderás ver aínda as casas dalgúns ilustres xudeus como os Gaibor. Na rúa Pescaderías atoparás outra das torres da muralla. Desde ela obsérvase unha estupenda vista da cidade, do convento da Régoa e da muralla. Un pouco máis abaixo, na mesma rúa, está a cárcere vella; na seu parte superior temos unha nova vista panorámica do casco antigo e xa, moi preto deste edificio, a Praza de España. O casco antigo complétase con dúas das portas da Antiga muralla que aínda se conservan, a Porta da Alcazaba e a Porta Nova.

Máis información na web da Red de Juderías de España (en español)

Barrio xudeu

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Monforte de Lemos

Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Aparcamento

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar