Galería
Galería

16.3 Pincelo

PINCELO
Hoxe en día Pincelo é un lugar de importante actividade turística e vitícola, contando con varias empresas de paseos en barca, actividades culturais, hostalería, actividades acuáticas e adegas.

PONTE DE PORTOTIDE
Esta ponte unía as aldeas de Portotide, na beira do Saviñao, e Pincelo, pertencente a Chantada. Orixinalmente tiña 35 metros de lonxitude, e coa construción do encoro de Peares tivo que facerse a maior altura e ampliarse a 125 metros, conservando a estrutura de ferro orixinal no seu tramo central. Asímesmo, o encoro provocou que a aldea de Portotide quedase baixo as augas e Pincelo perdese moitas das súas terras de cultivo, quedando agora a aldea a altura das augas do río Miño.

 

ESTHER TEIJEIRO
Entre todas estas adegas destaca Diego de Lemos, propiedade de Esther Teijeiro Lemos (Nogueira de Miño, 1936), unha das primeiras mulleres adegueiras, que constituíron a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e pioneira en elaborar viño ecolóxico ala polo ano 2000.

O seu carácter intrépido e o seu bo facer fixérona merecedora de numerosos premios para os seus viños, como muller emprendedora ou á excelencia medioambiental, sendo tamén protagonista en numerosas reportaxes, documentais e programas de televisión.
A súa é unha adega tradicional, coa parte traseira escavada na rocha para manter as condicións ideais de temperatura e humidade no interior. Elabora viños tintos con uva mencía e brancos con godello e treixadura.

Pincelo

Cómo chegar Cómo chegar