Arte no Ar - Ruta murais Quiroga

Murais

A arte urbana chegou a Quiroga para quedar e pasar a formar parte da vida dos seus veciños e veciñas. Pouco tempo despois da primeira intervención na vila por parte do CTRS, murais e outras obras artísticas engalanan as rúas do pobo. Obras que hoxe se unen nunha ruta turística para poder visitalas de forma conxunta.

A vila de Quiroga converteuse nuns dos núcleos máis "pintorescos" de Ribeira Sacra. Ao longo dos últimos anos, e desde que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra iniciase o proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra" en 2015, diferentes organismos e asociacións apostaron polo embelecemento deste núcleo, promovendo a creación de numerosos murais en diferentes puntos estratéxicos.

Ata un total de 11 murais e outras obras de recoñecidos artistas do panorama nacional e internacional reúnense nesta ruta de quilómetro e medio creada polo concello de Quiroga.

Con temáticas variadas, pero na maioría dos casos respondendo a tradicións, costumes, persoas relevantes da historia de Quiroga ou produtos típicos da zona. Poderás atoparte con murais relacionados con lendas, co Camiño de Santiago, co viño ou co aceite, entre outros. 

 

Podes descargar o folleto da ruta aquí

Ligazón á ruta en Wikiloc e Google My Maps.

 

 

Información e contacto

Enderezo

Quiroga

Lugo

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar