Bancos peregrinos nos Camiños de Santiago

Acción

Co obxectivo de mellorar a experiencia dos peregrinos dos Camiños de Santiago ao seu paso por Ribeira Sacra, instaláronse os coñecidos como "bancos peregrinos", ao longo das dúas vías que atravesan o noso xeodestino: o Camiño Francés e o Camiño de Inverno.

Os "bancos peregrinos" estrutúranse como unha ferramenta que permite achegar ao peregrino ao resto do territorio de Ribeira Sacra. Todos os bancos están dotados dun QR que enlaza directamente á páxina de turismo oficial de Ribeira Sacra, conectando así as vías de peregrinación co resto de recursos turísticos do  xeodestino. 

Configúranse, ademáis, como un elemento de embelecemento dentro de ámbolos trazados, xa que posúen un deseño integrador e en consonancia co resto das vías de peregrinación a Santiago, seguindo a imaxe das clásicas frechas amarelas que marcan o sentido dos Camiños cara Santiago de Compostela.

Os bancos atópanse instalados nas seguintes localizacións: 

  • Camiño de Inverno:  A Barxa (Fión), San Mamede (Fión), Montecelo (Escola de Diomondi), Igrexa San Paio de Diomondi e Belesar no concello do Saviñao; Montefurado, O Castelo, vila de Quiroga, O Carballo de Lor e A Ponte no concello de Quiroga. Pendente de colocación noutras ubicacións. 
  • Camiño Francés: pendente de colocación. 

 

Data instalación: 2021 - actualmente 

 

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar