
Convenio de colaboración Ruta do Viño de Ribeira Sacra

Convenio de colaboración entre o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Asociación Ruta do Viño da Ribeira Sacra, co fin de financiar a súa integración nas Rutas do Viño de España, recibir os servizos de auditoría correspondentes, así como a creación dun plan de márketing e comercializalización da Ruta do Viño e unha plataforma en liña onde promocionar os activos turísticos relacionados co viño.
O obxectivo desta actuación é reforzar a relación co sector vinícola, como un dos produtos crave do destino. Trátase de dar voz e ferramentas á D.O. no relativo á creación de produto, promoción e comunicación de Ribeira Sacra como destino enoturístico.
Data realización: xuño 2025
Esta acción enmárcase dentro das Liña de Actuación 4 e Liña de Actuación 5 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.