Galería
Galería

Creación de produto "Hall Escape Niñodaguia"

Acción

A de Niñodaguia é unha das dúas olerías tradicionais de Ribeira Sacra e das poucas que perduran en activo en Galicia. Na localidade homónima existe un museo que pon en valor esta tradición.

Pese á súa importancia, o número de visitantes ao museo é mínimo en comparación co resto de espazos expositivos de Ribeira Sacra, afrontando na actualidade un importante problema de sostibilidade económica.

Co fin de paliar esta situación, o Consorcio de Turismo propón un reformulamento na estratexia de visitas, mediante a creación dun novo produto turístico que consiga atraer a novos segmentos de turistas. Seguindo a liña de “Búskalo en Ribeira Sacra”, e apoiado e fundamentado do éxito desta iniciativa posta en marcha con anterioridade polo Consorcio de Turismo, propúxose a creación dun hall escape no interior do museo.

O hall escape basease na dinámica das tradicionais salas de escape, coa diferencia de que o primeiro non busca saír dun espazo físico (escape room), senón resolver unha serie de crebacabezas para gañar a “partida”. Trátase dun produto novidoso e sen precedente na rede museística do destino.


Data realización: outubro 2022

Ligazón para reserva: https://turismo.ribeirasacra.org/hall-escape-ninodaguia


Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Hall escape Niñodaguia

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar