Galería
Galería

Embelecemento do núcleo de Xunqueira de Espadanedo

Acción

Conxunto de actuacións na contorna do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, embelecendo a vía de entrada ao pobo e inmediacións.

A primeira e máis salientable actuación é a colocación de revestimento en madeira de todos os contenedores de lixo ubicados nas vías de paso de turistas polo núcleo do pobo.

Outro dos elementos a intervir é unha antiga cheminea en estado ruinoso fronte ao adro da igrexa, que se pretende eliminar para reducir así o significativo impacto visual sobre o mosteiro.

Complementarase a actuación coa posta en valor dun miradoiro existente, na zona do Barrio, mediante a colocación dun banco, que permitirá gozar dunha das mellores vistas de todo o conxunto do mosteiro, dende unha posición privilexiada.

O obxectivo desta actuación é a mellora e posta en valor do principal referente arquitectónico e turístico do concello de Xunqueira de Espadanedo, mediante a adecuación e embelecemento de espazos próximos á contorna do mesmo.


Data realización: novembro 2022

Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Embelecemento do núcleo de Xunqueira de Espadanedo

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar