Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa de San Facundo de Ribas de Miño

Igrexas/Capelas

O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño recibe no ano 1998 o primeiro premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma.

San Facundo fúndase no século XII para acoller aos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. Despois da destrución da ponte que cruzaba o Miño en Portomarín por Dona Urraca, os monxes beneditinos instálanse neste lugar do Miño para cruzar en barca aos peregrinos. Cando se reconstrúe a ponte, en San Facundo refuxiábanse os viaxeiros que non podían pagar o pontádego de Portomarín.

No ano 1620 pasou a ser priorado do mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo.

O conxunto está situado nunha paraxe de gran beleza, próximo ao río Miño e rodeado de viñedos, declarado Monumento Nacional en 1982.

O máis interesante de todo o conxunto é o templo. A cabeceira é semicircular e destaca a súa bóveda. Tamén conserva pinturas murais do século XV. No muro norte está representado San Cristovo co Neno Xesús. No seu cinto están as cabezas de tres personaxes que representan os viaxeiros que San Cristovo axudaba a cruzar o río.

Tamén está San Bartolomeu coa metade da pel colgando, lembrando o seu martirio (foi esfolado vivo) e pisando un monstro atado cunha cadea. A outra imaxe que aparece corresponde con San Francisco de Asís. Conserva ademais a representación da Crucifixión, o martirio de San Sebastián e a Virxe dándolle o peito ao Neno.

Podes facer unha visita virtual en 360º premendo eiquí.

Non o perdas!

Recomendámosvos visitar a próxima capela de Loio, así como a poboación de Portomarín e a súa igrexa de San Xoán. Ambas visitas poden ser moi ilustrativas acerca dos estilos construtivos do patrimonio relixioso da zona.

Igrexa de San Facundo de Ribas de Miño

Información e contacto

Enderezo

Lugar O Lombao

Paradela

27611 Lugo

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar