Miradoiro das Penas de Matacás
A máis de 500 metros elévase este miradoiro, situado, como o seu nome indica, sobre as Penas de Matacás. Desde el, teremos unhas impresionantes vistas do Canón do Sil.
O río Sil fai de fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense neste tramo, polo que desde este miradoiro poderemos apreciar na súa cara Norte, é dicir, á nosa dereita, os viñedos da subzona de Amandi, na provincia de Lugo; mentres que á nosa esquerda, atoparémonos coas ribeiras do Sil pertencentes a Abeleda, provincia de Ourense.
Aos nosos pés, estarán situados os embarcadoiros de Ponte do Sil (Monforte de Lemos) e Abeleda (Castro Caldelas), desde onde parten as rutas fluviais da zona vitivinícola do Canón do Sil.
Non o perdas!
Este miradoiro é unha das paradas da ruta de sendeirismo PR-G 237, ruta que conecta tamén coa Cova do Mario.
Miradoiro das Penas de Matacás
Información e contacto
Lg. de Arriba (Paradela)
Castro Caldelas
32764 Ourense