Galería
Galería

PR-G 237 Sendeiro do Miradoiro de Matacás

Sendeirismo

O PR-G 237 é unha ruta circular que une o centro de Castro Caldelas co Miradoiro de As Penas de Matacás, onde se abre unha panorámica espectacular sobre o Canón do Sil que pon de manifesto o contraste entre as ladeiras boscosas de Ourense e os asollados viñedos en socalcos de Lugo.

O percorrido inclúe unha derivación ao Embarcadoiro de Abeleda, e ofrece o gran atractivo dos viñedos, soutos e aldeas de xisto negro de Paradela e Alais, a sobreira centenaria de Lugar de Arriba e as fermosas vistas ao val de Abeleda e aos bosques que rodean Castro Caldelas.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
19,45 km
Tempo da ruta
7 h 00 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Praza do Prado (Castro Caldelas)
Chegada
Praza do Prado (Castro Caldelas)
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 992 m
Baixada: 992 m
M.I.D.E. 3 2 2 4

1.  De Castro Caldelas ao Miradoiro de Matacás (por Celeirón)

O PR-G 237 coincide co PR-G 213 (Sendeiro dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas) no centro urbano de Castro Caldelas. Atende á sinalización, que diferencia cada sendeiro coa súa correspondente baliza, para non confundir o percorrido.

Podes comezar a ruta camiño da aldea de Celeirón, punto de inflexión entre os bosques das ladeiras ensombrencidas e os viñedos en socalcos das ladeiras de solaina. Unha baixada de gran pendente atravesa os soutos e os seus sequeiros para despois remontar entre os viñedos, onde teremos vistas espectaculares sobre o val de Abeleda. Nesta parte tamén destacan as aldeas de xisto negro e a sobreira centenaria de Paradela. Antes do Miradoiro de Matacás, unha derivació n de ida e volta ata o Embarcadoiro de Abeleda ofrécenos grandes vistas a nivel do ríou Sil das Penas de Matacás, que se alzan sobre nós.

2. Do Miradoiro de Matacás a Castro Caldelas (pola paraxe de A Ruxidoira)

Miradoiro de Matacás regálanos unha panorámica extraordinaria sobre o Cañón do Sil que, en días claros, pode abarcar varios quilómetros á redonda. Aquí, un estreito carreiro entre as picudas rocas que conforman As Penas de Matacás, en ocasións de formas caprichosas e outras xurdidas do chan como dentes de serra, encamíñanos cara ás pequenas aldeas desta parte agreste de Castro Caldelas.

Despois chegaremos a A Ruxidoira, unha zona de piñeirais aberta cara ao alto no que álzase maxestosa a vila de Castro Caldelas, coroada polo seu castelo e a Igrexa de Santa Isabel. Tamén teremos unhas vistas preciosas de todo o val esculpido polo río Edo, afluente do Sil.

 

Máis información e descarga de mapas e folletos aquí.

PR-G 237 Sendeiro do Miradoiro de Matacás

Ver máis...

Equipamento e servizos

Roteiro sinalizado
Aparcamento
Fontes de auga
Postos de comida

Accesibilidade

En coche

Información e contacto

Enderezo

Castro Caldelas

Ourense