Galería
Galería

Miradoiro de Cabodevila ou Penedo do Bico

Miradoiros

Este enclave máxico atópase rodeado por diversos lugares, que poden transportarnos tamén a diferentes épocas.

Comezando desde o extremo esquerdo, localizamos o Castro da Virxe (coñecido como Suvirxe, "baixo a virxe"). Continuando co percorrido á dereita, atopámonos con pobo de Portomarín, trasladado a un lugar máis alto na década de 1960, tras ser asolagado o antigo coa construción do encoro de Belesar.

Aos nosos pés, cando as augas baixan, temos o antigo pobo de Ferreiroá, tamén asolagado polo encoro. Pódense observar aínda algúns dos muros que formaban parte das vivendas.

Continuando o percorrido cara á dereita, poderemos ver como o río Loio desemboca no Miño e intuír o trazado do Camiño Francés a Santiago de Compostela.

Adoitábase chamar a este lugar Penedo do Bico. Hai unha especie de cazoleta na roca e, segundo conta a lenda, nela vertíase o sangue dos sacrificios aos deuses.

Non o perdas!

Neste miradoiro remata a ruta de sendeirismo PR-G 249, a cal discurre paralela ao río Miño, deleitándonos con espectaculares vistas.

Miradoiro de Cabodevila e Penedo do Bico

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar