Miradoiro Val do Medo

Miradoiros

O miradoiro do Val do Medo, a case 1.000 m de altitude (990), é un balcón privilexiado sobre o val do Monte Meda.

Desde o banco máis grande de Galicia descubrimos o concello de Xunqueira de Espadanedo, onde destaca o magnífico mosteiro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, cuxa igrexa é un dos mellores exemplos de románico de transición da provincia de Ourense.

O Monte Meda móstrase como unha panorámica perfecta que abarca desde a Serra do Larouco ata as portuguesas-españolas do Xurés e o Suído.

 

O miradoiro atópase no trazado da ruta de sendeirismo (non homologada) "Porta do Canón do Sil

ACCESO AO MIRADOIRO (en coche): desde a estrada que une Xunqueira de Espadanedo con Parada de Sil ( OU-0604), ao chegar ao alto que separa os dous Concellos, seguimos pola pista do Parque eólico que sae á esquerda ata chegar ao inicio da ruta. Alí hai un sinal indicador cara ao miradoiro. Polo camiño pásase tamén por unha Neveira que está situada á dereita entre un bosque de bidueiros e acivros. O miradoiro está nun alto desde o que se pode contemplar unha boa parte da provincia de Ourense.

Non o perdas!

O Concello de Xunqueira de Espadanedo ofrece visitas guiadas ao mosteiro de Santa María e ao Museo de Olería de Niñodaguia (recomendable reserva previa aquí)

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar