
17º Outono Gastronómico en Turismo Rural (2023)
Do 15 de setembro ao 17 de decembro, 9 casas de turismo rural de Ribeira Sacra vestiranse de outono con menús e experiencias deseñadas para a ocasión.
Ribeira Sacra, 5 de setembro de 2023
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, as casas participantes no Outono Gastronómico ofrecerán distintos menús elaborados especialmente para a ocasión. Como é habitual, ademais do Menú Outono Gastronómico, tamén terás a posibilidade de adquirir o Paquete Outono Gastronómico - que inclúe unha noite de aloxamento na casa de turismo rural elixida -, ou gozar da oferta completa coa Fin de semana Outono Gastronómico.
Tamén se mantén o Outono Plus, un programa de actividades complementarias nalgúns dos establecementos participantes na promoción.
Bases, condicións e máis información na seguinte ligazón: https://www.turismo.gal/outono-gastronomico · Folleto Outono Gastronómico: https://www.turismo.gal/folleto.pdf
Abaixo, deixámosche as 9 casas participantes de Ribeira Sacra nesta 17 Edición do Outono Gastronómico en Galicia. Poderás consultar en imaxes os Menús Gastronómicos e as Actividades propostas por cada unha delas.
* (Ofertas válidas só en venres, sábados e domingos, agás as fins de semana do 13 ao 15 de outubro e do 8 ao 10 de decembro).
Promoción patrocinada por Turismo de Galicia.