Galería
Galería

Mostra do Aceite de Quiroga 2026

A Mostra do Aceite de Quiroga volve poñer en valor una das tradicións máis singulares do territorio, ofrecendo a oportunidade de descubrir de preto o proceso de elaboración tradicional do aceite nun antigo muíño e de degustar o “ouro líquido” producido por pequenos elaboradores da zona.

Ribeira Sacra, 9 de marzo de 2026


PROGRAMA ACTOS XXVI MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

Sábado, 14 marzo 2026

1ª MOSTRA DE CAMELIAS EN QUIROGA
Iniciativa de J.R. Teixeira.
Entrada do Auditorio

III CONGRESO ARREDOR DO ACEITE DE OLIVA DE QUIROGA.
Lugar:
Auditorio Municipal

17:00 h: “A casuística das explotacións de oliveiras en Galicia”.
José Manuel Gómez Sanmartín, Enxeñeiro Agrónomo de Bodegas Gómez Sanmartín.

18:00 h: “Biotecnoloxía aplicada á produción de oliveiras autóctonas.
Marga Fraga Ares, Directora Técnica en Fundación Paideia Galiza (CULTIGAR), Licenciada en Química Ambiental.

19:00 h: “Valoración do potencial antidiabético dos aceites de oliva galegos”.
Beatriz Cancho Grande, Catedrática da Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias de Ourense.

20:00 h: Cea Cóctel “OS SABORES QUE MEDRAN AQUÍ”. Pratos elaborados polos Chefs Eloy Cancel e Kike Piñeiro do Restaurante “A Horta do Obradoiro” e Iván Méndez de Tabalú Food&tech, amenizada polo violinista Marcos Valcárcel.
Entradas á venda na oficina de Turismo.

Domingo, 15 marzo 2026

1ª MOSTRA DE CAMELIAS EN QUIROGA
Iniciativa de J.R. Teixeira.
Entrada do Auditorio

MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA
Lugar: Bendilló

11:00 h: Apertura de postos de venda en Quiroga, Praza do Auditorio.

11:00 h – 14:00 h: Demostración de elaboración tradicional de aceite no muíño de aceite de Bendilló.

Saída de autobuses de balde dende a praza do Auditorio de Quiroga ás 11:00, 12:00 e 13:00 h.

12:00 h: Pasarrúas por Quiroga e animación do recinto feiral co grupo de música e danza tradicional “A.C. Peleriños” de Sarria.

12:30 h: Degustación comentada dos aceites de participantes na mostra. Na sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga.
Entradas á venda no recinto feiral.

13:30 h: Acto de nomeamento do Embaixador do Aceite de Quiroga ao Chef Javier Olleros do Restaurante Culler de Pau (O Grove) con 2 estrelas Michelin.

13:45 h: Demostración de cociña, cos aceites de Quiroga como protagonistas, co Chef Javier Olleros do Restaurante Culler de Pau.
Entradas a venda na oficina de turismo.

16:30 h: Degustación comentada dos aceites participantes na mostra. Na sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga.
Entradas a venda no recinto feiral.

 

Máis información: Oficina de Turismo de Quiroga | Concello de Quiroga

MOSTRA ACEITE QUIROGA 2026