Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

DEL 26 AL 28 DE MAYO EN LA RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA

Ribeira Sacra, 17 de abril de 2023

EN QUE CONSISTEN A PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS?

Trátase dunha promoción, da Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coas Rutas dos Viños de Galicia, na que poderás desfrutar de visitas guiadas e gratuítas* ás adegas participantes. Ao finalizar a visita, ofreceranche unha degustación dalgúns dos viños que elaboran. 

Nesta promoción tamén participan aloxamentos, nos que poderás gozar de descontos ou agasallos concevidos especialmente para esta ocasión. 

Ademais, cada Ruta conta cun programa especial de actividades para a fin de semana. No caso da Ruta do Viño Ribeira Sacra existen plans variados como rutas do románico, buses do viño, rutas en segway ou visitas a museos. Deixámosche un resumo da programación, a cal tamén poderás atopar (de forma ampliada) na ligazón ao folleto das Xornadas, ao final da páxina.


PROGRAMACIÓN PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA

RESERVAS en 698 167 991 ou en rutavino@ribeirasacra.org

BUS DO VIÑO:

Servizo de transporte e guía acompañante especializado en Ribeira Sacra para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese participantes nas Portas Abertas. A actividade ten un custo de 10 €/ adult@ - 5 €/ nen@ (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. Prazas limitadas, recoméndase reserva previa.

  • 27 MAIO: saídas programadas dende A Coruña, Lugo, Monforte de Lemos, Vigo e Ourense.
  • 28 MAIO: saídas programadas dende Lugo, Monforte de Lemos e Ourense.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • CATA DE VIÑOS E CONSERVAS. PARELLAS SUMAMENTE PRACENTEIRAS (26 maio)
  • ENTRE ACEITES DA RIBEIRA SACRA (26 maio)​​​​​​​
  • OBRADOIROS INFANTÍS relacionados co mundo de viño (27 maio)
  • SENDEIRISMO E VIÑO (27 maio)
  • MERGÚLLACHE NOS CANÓNS DO SIL (27 maio)
  • DE TAPAS E VIÑOS POLA RIBEIRA SACRA (27 maio)
  • RUTA DO ROMÁNICO POR PANTÓN E SOBER (28 maio)
  • COÑECEMOS O MIÑO POLA RIBEIRA SACRA (28 maio)
  • OUTRAS: 
    • VISITAS A MUSEOS: Centro do Viño dá Ribeira Sacra, Ecomuseo de Arxeriz e Museo Etnográfico de Quiroga (do 26 ao 28 de maio)
    • RUTA GUIADA EN SEGWAY POLOS MIRADOIROS DA ZONA (27 e 28 maio)
    • PASEO EN BARCA (consultar datas) 

Ten en conta que as reservas da maioría de actividades haberán de realizarse contactando coa Ruta do Viño Ribeira Sacra; as reservas para visitas ás adegas ou museos, directamente coa empresa ou entidade en cuestión (consulta cada caso en particular no folleto ou contactando coa Ruta do Viño Ribeira Sacra).

 

ADEGAS PARTIPANTES: ADEGA VELLA,  ADEGAS CONDADO DE SEQUEIRAS, AMEDO S.L., BODEGA PROENCIA, BODEGA RIBADA, CASA MOREIRAS, FÍNCA MÍLLARA, PONTE DA BOGA, RECTORAL DE AMANDI,  RONSEL DO SIL, VAL DE QUIROGA Y VÍA ROMANA.

* Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e una o domingo, co seguinte horario de atención ao público:

  • Sábado: 11.30 h, 13.00 h e 17.00 h
  • Domingo: 12.00 h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente (DATOS DE CONTACTO MÁIS ABAIXO, NA LISTAXE DE ADEGAS)


ALOXAMENTOS CON OFERTAS ESPECIAIS: CASA DAS XACIAS e HOTEL MOGAY


IMPORTANTE: máis información e reservas no teléfono 698 167 991 ou en rutavino@ribeirasacra.org (RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA)


MÁIS INFORMACIÓN E FOLLETO: Turismo de Galicia