Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia 2026
DO 29 AO 31 DE MAIO NA RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA
EN QUE CONSISTE A PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS?
Trátase dunha promoción da Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coas Rutas do Viño de Galicia, na que poderás gozar de visitas guiadas e gratuítas* ás adegas participantes. Ao finalizar a visita, ofrecerán unha degustación dalgúns dos viños que elaboran.
Nesta promoción tamén participan aloxamentos, nos que poderás gozar de descontos ou agasallos concibidos especialmente para esta ocasión.
Ademais, cada ruta conta cun programa especial de actividades para a fin de semana. No caso da Ruta do Viño Ribeira Sacra existen plans variados como rutas do románico, buses do viño, rutas en segway, obradoiros ou visitas a museos. Déixamosche un resumo da programación, que tamén poderás atopar (de forma ampliada) na ligazón ao folleto das Xornadas, ao final da páxina.
PROGRAMA PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DO VIÑO RIBEIRA SACRA
RESERVAS no 650 605 152, en ribeirasacradeprimavera@gmail.com ou en promocion.rutadelvinoribeirasacra.org
BUS DO VIÑO:
Servizo de transporte e guía acompañante especializado en Ribeira Sacra para realizar visitas ás adegas, museos e outros lugares de interese participantes na Primavera de Portas Abertas. A actividade ten un custo de 10 €/adult@ - 5 €/ nen@ (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. Prazas limitadas, recoméndase reserva previa.
30 MAIO: saídas programadas desde A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
31 MAIO: saídas programadas desde Lugo e Ourense.
OUTRAS ACTIVIDADES:
- O ESPERTAR DAS CEPAS (29 maio)
- CIRCULAR DE PROENDOS, PATRIMONIO E VIÑO (30 maio)
- NAVEGANDO ENTRE VIÑEDOS (30 maio)
- SOLPOR SONORO (30 maio)
- BRINDANDO COA HISTORIA EN MONFORTE DE LEMOS (30 maio)
- CERÁMICA E VIÑO (31 maio)
- RUTA DO ROMÁNICO DE O SAVIÑAO (31 maio)
- OUTRAS:
- VISITAS A MUSEOS: Centro do Viño da Ribeira Sacra, Ecomuseo de Arxeriz e Museo Etnográfico de Quiroga (do 29 ao 31 de maio)
- RUTA GUIADA EN SEGWAY: Doade-Miradoiro Pena do Castelo (29-30 maio)
- PASEO EN BARCA (29, 30 e 31 maio)
Ten en conta que as reservas da maioría das actividades haberán de realizarse contactando coa Ruta do Viño Ribeira Sacra; as reservas para visitas a adegas ou museos, directamente coa empresa ou entidade en cuestión (consulta cada caso particular no folleto ou contactando coa Ruta do Viño Ribeira Sacra).
ADEGAS PARTICIPANTES: ADEGA VELLA, ADEGA CACHÍN, ADEGAS CONDADO DE SEQUEIRAS, BODEGA PROENCIA, BODEGA RIBADA, CASA MOREIRAS, PONTE DA BOGA, RECTORAL DE AMANDI, RONSEL DO SIL, VAL DE QUIROGA e VÍA ROMANA.
* Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo, co seguinte horario de atención ao público:
- Sábado: 11.00h, 12.30h e 17.00h
- Domingo: 12.00h
Recoméndase confirmar a visita por vía telefónica coa adega correspondente (DATOS DE CONTACTO MÁIS ABAIXO, NA LISTAXE DE ADEGAS)
ALOXAMENTOS CON OFERTAS ESPECIAIS: HOTEL MOGAY
IMPORTANTE: máis información e reservas no teléfono 650 605 152, en ribeirasacradeprimavera@gmail.com ou en promocion.rutadelvinoribeirasacra.org (RUTA DO VIÑO DE RIBEIRA SACRA)
MÁIS INFORMACIÓN E FOLLETO: Turismo de Galicia