Creación ruta de sendeirismo en Montederramo

A ruta, que responde ao nome de PR-G 266 Aldeas de Montederramo, busca unir os principais atractivos turísticos deste concello a través dunha senda peonil que permita coñecer e desfrutar de todos os espazos naturais e culturais do municipio.
Para a creación da mesma foi precisa a apertura de camiños, a adecuación de lugares de paso mediante pequenos desmontes, pasarelas..., e a sinalización oficial seguindo os criterios de homologación da Federación Galega de Montañismo. Ten unha lonxitude total de 17,5 km (circular), con saída e chegada no núcleo de Montederramo, ademáis dun bucle curto de 9 km completamente sinalizado.
Data realización: decembro 2022
Ligazón a Ruta de Sendeirismo: PR-G 266 Ruta das Aldeas de Montederramo
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.