
PR-G 266 Ruta das Aldeas de Montederramo

Esta ruta é un percorrido polas paisaxes de Montederramo e por algúns elementos etnográficos que son testemuño de como foi a vida durante moitos séculos nas zonas rurais de montaña de Galicia.
Iníciase en sendas de pescadores xunto ao río Mao ata chegar ao muíño de Ponte Mazaira. A partir da súa área recreativa o río quedará atrás, e dará paso a prados e antigos camiños entre muros de pedra.
Comezará despois a subida ata a Serra do Burgo, cunha panorámica espectacular. Un pronunciado descenso conduciranos dende alí ata o fondo do val. Camiños entre prados, castiñeiros e carballos permitirannos coñecer aldeas que conservan parte da esencia da vida na montaña, cunha arquitectura tradicional froito da severidade dos seus invernos.
O camiño continúa ata ao conxunto relixioso de Marrubio e o seu precioso cruceiro policromado. Dende aquí, un derradeiro ascenso pola pequena meseta de A Franqueira levaranos a finalizar case aos pés do rexio Mosteiro de Montederramo, símbolo do antigo poder deste territorio de Ribeira Sacra.
A ruta dispón dun bucle curto de 9 km, sinalizado á altura do pobo das Lamelas.
PR-G 266 Ruta das Aldeas de Montederramo
Equipamento e servizos




Accesibilidade

