BTT - Circular de Castro Caldelas
Esta pequena ruta con saída desde o centro urbano de Castro Caldelas móstranos os bosques de castiñeiros centenarios que rodean esta vila. Trátase dunha ruta moi sinxela e apta para todos os niveis de dificultade.
Durante este percorrido destacan as aldeas en ruínas de Entrambasaugas e O Rosario e as panorámicas sobre o Val de Abeleda. No quilómetro 3 o ciclista poderá conectarse coa ruta Circular dos bosques e viñas e seguir pedaleando por esta gran circular do centro BTT Ribeira Sacra que une os concellos de Castro Caldelas e A Teixeira.
Á altura de Valverde, poderemos visitar a capela de San Amaro, fóra de ruta pero ben sinalizada. Seguimos pedaleando ata penetrarnos no Souto de Poboeiros, recoñecido outrora pola excelente calidade das súas castañas e madeira. Trátase dun bosque moi frondoso no que comeza unha ascensión suave entre castiñeiros centenarios que nos acompañará ata atoparnos coas primeiras casas da vila de Castro Caldelas.
Cómo chegar
Que mellorarías?