BTT - Ruta circular dos bosques e viñas

Esta ruta parte do centro urbano de Castro Caldelas, que ben merece unha visita antes de iniciar o percorrido. O casco antigo foi declarado conxunto histórico artístico en 1998. Trátase, principalmente, das rúas empedradas que seguen o trazado medieval que soben ao Castelo dos Condes de Lemos, mostrando interesantes casas de pedra con galerías e escudos.
Atravesamos o centro urbano en dirección á aldea de Barreal para penetrarnos no frondoso bosque do Souto de Poboeiros, onde atoparemos varios exemplares de castiñeiros centenarios, xunto a outras especies arbóreas propias do monte galego.
Ao saír do bosque seguimos pedaleando en dirección a Poboeiros coa súa grandiosa casa reitoral e, a continuación, cara a Boazo. Volvemos penetrarnos nunha zona de bosques espesos ata alcanzar un camiño que nos permitirá gozar do val de Abeleda e dunha impresionante panorámica da Teixeira. Neste punto da ruta está sinalizado unha ligazón de 2 quilómetros que nos permite achegarnos á “Fábrica da Luz”, no concello de Parada de Sil para poder gozar da visita ás pasarelas do río Mao e doutra rutas de bicicleta de montaña que parte deste lugar (BTT A Fábrica da Luz). Se continuamos pola ruta orixinal, penetrámonos no canón do río Mao e os viñedos de Cristosende, ascendendo en paralelo ao canón do río Sil. A ruta devólvenos ao val de Abeleda, que atravesamos pasando xunto ao mosteiro de San Paio, que, a pesar do seu estado de abandono, forma un interesante conxunto.
Afrontamos a parte final deste roteiro ascendendo entre os viñedos milenarios da costa de Alais e un último tramo polo Val do Edo, con vistas á vila de Castro Caldelas asomándose nos quilómetros finais.
Equipamento e servizos

Accesibilidade
