Galería
Galería

Ruta Cicloturista do Concello da Peroxa

Cicloturismo

ATENCIÓN: Recoméndase o uso do GPS.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
23,14 km
Tempo da ruta
1 h 45 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Casa do Concello da Peroxa
Chegada
Casa do Concello da Peroxa
Dificultade
Alta
Desnivel
Subida: 619 m
Baixada: 619 m
M.I.D.E. 0 0 0 0

Un percorrido totalmente sinalizado de 23 quilómetros que discorre polos bosques de castiñeiros e carballeiras do concello. É un percorrido esixente que alterna subidas curtas e duras con tramos de baixada moi técnicos. A pesar de non ser un percorrido excesivamente longo, podemos cualificalo de duro polos tramos de ascenso e polo tipo de sinalización irregular. Está situado dentro da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel e conta con elementos patrimoniais a ter en conta como o Castelo da Peroxa.

Tipo de firme: 4% estrada (1 km), 24% pista asfaltada (5,45 km), 5% pista sen asfaltar (1,17 km), 67% camiños e sendas (15,52 km).

Desnivel acumulado positivo: 669 m


Accede ao PDF da ficha de ruta aquí

Ruta Cicloturista do Concello da Peroxa

Accesibilidade

En bicicleta
En coche