
Lanzadeira Parada de Sil - Mosteiro Santa Cristina de Ribas de Sil

Coa pretensión de minimizar os problemas de conxestión e estacionamento en determinados puntos e así mellorar a experiencia dos nosos visitantes, en 2021 ponse a disposición o servizo de lanzadeira que conecta o núcleo do concello de Parada de Sil co mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
Con este obxectivo, preténdese reducir a presenza de vehículos privados e a afluencia de tráfico na zona, favorecendo o uso dos espazos públicos máis sostibles e seguros.
O servizo de lanzadeira entrou en funciomiento o 7 de xullo de 2021 e a súa duración estendeuse ata o 6 de setembro de 2021, período de maior afluencia de visitantes na zona. Como medida preventiva, o uso deste transporte foi opcional durante os días de entre semana e obrigatorio as fins de semana e durante a segunda quincena do mes de agosto.
Para a adquisición de prazas habilitouse un espazo na plataforma de reserva de entradas de Ribeira Sacra, método posto en marcha polo CTRS en 2020 como medida de control de aforo nos recursos turísticos.
Data: do 7 de xullo ao 6 de setembro de 2021
Máis información (2021): https://turismo.ribeirasacra.org/es/noticias/servicio-de-lanzadera-al-monasterio-de-santa-cristina
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 1 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
O SERVIZO DE LANZADEIRA CONTINÚA DISPOÑIBLE EN 2022, 2023 E 2024, XESTIONADO POLO CONCELLO DE PARADA DE SIL. MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS AQUÍ.