Galería
Galería

Recuperación da Ponte do Castelo no Camiño de Santiago (Quiroga)

Acción

O Camiño de Inverno a Santiago está a experimentar un forte crecemento dende a súa oficialización. O número de peregrinos cada vez é maior e, por tanto, faise cada vez máis preciso manter as vías de peregrinación en correcto estado para un tránsito seguro.

Xurde así a necesidade da recuperación da ponte do Castelo, un dos pasos desta vía de peregrinación por Quiroga; ponte que se atopa, ademais, moi preto dun dos recursos máis emblemáticos do concello de Quiroga, o castelo dos Novais.

A obra realizada consistiu fundamentalmente na completa renovación do peto da ponte, substituíndo a totalidade das lousas que se atopan rotas e deterioradas polo uso e o paso do tempo. Acometeuse tamén a limpeza de vexetación invasora na contorna do recurso. 


Data realización: abril 2023 

Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Recuperación Ponte do Castelo

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar