Visitas guiadas O Conxunto de Santo Estevo en Semana Santa 2023

Acción

O Mosteiro de Santo Estevo é un reclamo turístico dos máis destacados do xeodestino Ribeira Sacra. A súas características histórico-artísticas e a súa maxestuosidade, unidas á condición de Parador, fan deste punto un dos máis concorridos do territorio.

A igrexa, vencellada ao Bispado de Ourense, é tamén unha xoia en si mesma. Era habitual que o párroco responsable se ofrecese a mantela aberta coa colaboración do persoal do Parador, pero a imposibilidade de tela vixiada durante a apertura fixo que se determinase o seu peche aos visitantes ata atopar unha solución que permita garantir a seguridade do templo e das súas obras.

Consideramos que a visita da igrexa, do mosteiro e do pobo, é un produto turístico cunha demanda potencial moi importante, sempre que sexa orientada por profesionais, para pequenos grupos e baixo reserva previa para distribuír ao público en quendas de visita.

Así ben, propoñemos, como experiencia piloto en Semana Santa a contratación dun servizo baixo o título “O conxunto de Santo Estevo” que permita a visita baixo as premisas mencionadas.

Data: Semana Santa 2023 (1 ao 9 abril)
Ligazón reservas: https://turismo.ribeirasacra.org/gl/conxunto-santo-estevo-semana-santa-2023

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar