Galería
Galería

Xornada de mobilidade sostible en Ribeira Sacra

Acción

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio, o CTRS organizou unha xornada sobre mobilidade sostible da que foron partícipes o sector turístico de Ribeira Sacra e a poboación local. Esta foi a primeira das accións levadas a cabo dentro do PST Ribeira Sacra.

O evento desenvolveuse no termo municipal de Nogueira de Ramuín, nos emprazamentos do mosteiro e embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas do Sil; unha xornada de información e concienciación sobre mobilidade sostible na que participaron expertos na materia e representantes de todos os subsectores do tecido empresarial turístico de Ribeira Sacra. 

A xornada estivo dividida en dúas partes diferenciadas. A primeira delas, celebrada durante a mañá, reuniu un panel de expertos en mobilidade e dúas mesas redondas sobre transporte e servizos turísticos. Abordáronse temas como os Plans de Movilidad Sostible, as iniciativas neste sentido do sector turístico ou as problemáticas que aborda a mobilidade e o transporte en Ribeira Sacra. 

A tarde consistiu nun achegamento a distintos tipos de vehículos sostibles e o seu funcionamento. Os partipantes nesta segunda parte da Xornada puideron coñecer de primeira man as características, prestacións e funcionamento dun coche eléctrico, unha bicicleta eléctrica e un barco impulsado por enerxía solar. 


Data: 5 de xuño de 2021

Ligazón a Xornada de Movilidad (mesas redondas): Canle de Youtube Ribeira Sacra

Colaboradores: Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, Cesmauto Monforte, Código Bike e Xouba  Boats

 

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 1 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Jornada de Movilidad Sostenible en Ribeira Sacra

Ver máis...

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar