Complexo arqueolóxico do Covallón
Trátase dunha cómoda ruta circular de 4,5 quilómetros de paseo que forma parte do Xeoparque da UNESCO Montañas do Courel fai un percorrido polas minas da Escrita, do Vago e do Covallón, e obsérvanse tamén os sistemas de prospección mineira e o Túnel de Augas Santas.
Desde o seu inicio no lugar coñecido como A Escrita, iremos gañando altura dun xeito progresivo nunha contorna aberta e de grande visibilidade. A magnífica paisaxe do val do Sil, ocupando a depresión de Quiroga/San Clodio, aparece á nosa dereita, mentres que ao norte e algo máis ao fondo vemos as montañas do Courel, referente, xunto ao río Sil, deste territorio.
A integración do home na paisaxe xeolóxica que se converte en paisaxe humana é o nexo xeral desta ruta. Apenas percorridos 500 metros desde que iniciamos o camiño atoparémonos coa primeira das catro explotacións auríferas romanas polas que nos dirixe o camiño. En cada unha delas deterémonos para aprender un pouco deste mundo de hai 2000 anos.
Complexo arqueolóxico do Covallón
Información e contacto
Louxadelas
Ribas de Sil
Lugo