Galería
Galería

Festa da Augardente de Portomarín

Festas

Cada Domingo de Pascua, Portomarín celebra unha das súas festas máis afamadas, a Festa da Augardente, coincidindo coa súa típica carreira popular e coa Degustación da Anguía.

 

Unha xornada na que os veciños e veciñas exalzan a forma tradicional na que se destilaba o bagazo e que, ademais, é única en Galicia; en Portomarín utilízase a alquitara para a elaboración desta bebida espirituosa e non o alambique. 

Un dos eventos centrais da celebración é a reunión do Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, que como cada ano nomea aos Novos Cabaleiros e Damas, quen no seu compromiso como novos membros da Orde aceptan defender e divulgar alí onde se atopen a augardente de Portomarín e a súa elaboración tradicional.

Dentro da programación do evento atópanse tamén a Carreira Popular e a Degustación da Anguía

Data: Domingo de Pascua

Festa da augardente de Portomarín

Información e contacto

Enderezo

Praza do Camiño

Portomarín

27170 Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar