Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa de Santa María de Bermún

Igrexas/Capelas

O nome primitivo desta igrexa foi “Beremundus” créese que provén do visigótico. Co transcorrer dos anos pasou a denominarse “Bermudus”, evolucionando con posterioridade cara “Bermuy”, topónimo co que aparece citada nun códice datado no ano 1223.

Agás a parte superior do frontis, que presenta diversas modificacións, esta igrexa ten traza totalmente románica. Dunha soa nave, presenta teitume de madeira a dúas augas reforzada a tella exterior por unha estrutura de uralita.

No interior, podemos observar como o pavimento se atopa lixeiramente máis elevado que o primitivo; este feito confírmase ao ollar as bases do arco triunfal que se atopan un pouco soterradas. Dito arco presenta columnas adosadas nunha orde ademais de diversos capiteis historiados; destacando un deles que recolle a figura de Sansón loitando contra uns leóns.

A ábsida, de sección rectangular, tamén presenta unha teitume de madeira a dúas augas e ten unha sancristía adosada ao alzado norte. Neste lugar atópase un pequeno tesouro; unha cruz antefixa que descansa sobre un “Agnus Dei", cuxo emprazamento orixinal foi o testeiro da ábsida.

A maior xoia artística de Santa María de Bermún esta sita no tímpano da porta central de acceso ao templo que, a diferenza do habitual, está formado por tres pezas. O mesmo recolle a figura dun neno que presenta unha cabeza desproporcionada en relación co seu corpo; á súa esquerda sitúase un cordeiro ergueito sobre as súas catro patas e á dereita un entrelazo esquemático. Esta decoración máis que esculpida aparenta estar incisa. Todo este conxunto aparece enmarcado por un arco que descansa sobre columnas apoiadas nunha soa orde. As mesmas presentan uns capiteis de cuadrúpedes e follas con cabeza humana.

Igrexa de Santa María de Bermún

Información e contacto

Enderezo

Berrmún de Abaixo

Chantada

27513 Lugo

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar