Galería
Galería

Miradoiro de Santa Marta

Miradoiros

Con vistas ao serpenteante curso do río Miño neste punto. Este miradoiro sitúase no trazado da ruta de sendeirismo PR-G 249 Camiño Vello de Aldosende, antes de chegar ao final do mesmo e ao Miradoiro de Cabodevila

Especial mención merecen as vistas do pobo de Santa Marta e as terras a través das cales discorre a senda que nos trae ata este miradoiro pola ruta homologada; terras cheas de historia que merece a pena coñecer.

Alá polo ano 1144, o pobo de Santa Marta é doado polo rei Afonso VII como granxa ao desaparecido mosteiro de Santa María de Castro de Rei e comenzan os frades a traballar estas terras, interesándose principalmente polo arranxo de antigas adegas, plantación de novas viñas e mantemento de pesqueiras e muíños. 

Tempo máis tarde (1506), Santa María de Castro de Rei pasa a anexionarse ao mosteiro de Santa María de Montederramo, polo que Santa Marta pasa tamén a depender deste último. Durante séculos, Santa Marta proveu aos mosteiros dos que dependía, mediante o pago de tributos en especies, de cuantiosas cantidades de viño, anguías, e inclusive empanadas de anguías.

Hoxe en día, apenas quedan uns viñedos en produción e a meirande parte dos muros que con tanto esforzo e sacrificio levantaron serven de asento ás masas de piñeiros que nos acompañan e dan sombra no percorrido desde Santa Marta. 

Miradoiro de Santa Marta

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar