
Oleria Figulus

Cantiga tradicional “Ao pasar por Gundivós / o primeiro que se ve / son as olas a secar / e os fornos a cocer”.
Taller, tenda e visitas guiadas sobre a cerámica de Gundivós. Organizanse talleres para diferentes públicos. Posibilidade de visita a bodega no mesmo recinto.
A tradicional cerámica de cor negra centrábase na realización de pezas de utilidade en cociñas, bodegas ou labores tradicionais como a matanza. As pezas destinadas ao viño impermeabilízanse con pez, unha resina que se derrete e se pega á peza xa cocida quentándoo directamente no lume, que debe ser de carqueixa seca para alcanzar a temperatura necesaria.
Dise que este pez tamén mellora o sabor das bebidas, pero non pode estar en contacto con líquidos quentes ou bebidas fortes, xa que se derretería.
Actualmente realízanse tamén todo tipo de pezas decorativas, utilizando o afumado e o recubrimento de pez para obter unha brillante cor negra, a pesar de que tradicionalmente as pezas que non necesitaban impermeabilizarse eran de cor rubia.
OLERIA FIGULUS
Información e contacto

Avda. Proendos, Corbelle
Sober
27460 Lugo

Accesibilidade

