Distancia do percorrido
13 km
Tempo do percorrido
1 día
Comezo
Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao)
Chegada
Belesar (O Saviñao/Chantada)

Ruta Enolóxica - Subzonas Ribeiras de Miño e Chantada

Enolóxicas

Desfruta dunha xornada centrada no mundo de viño, coñecendo de primeira man a viticultura heroica e aos adegueiros e produtores que lle dan nome. Neste percorrido desprazarémonos polas ribeiras do ríoMiño, admirando os afamados viñedos en bancais e combinando actividades como a visita a adegas e unha pequena ruta de sendeirismo entre viñedos.

A nosa xornada enolóxica dará comezo no Museo Etnográfico - Ecomuseo de  Arxeriz. Neste lugar, teremos a oportunidade de coñecer como era a vida outrora nas ribeiras do Miño, os costumes das súas xentes e a súa vida tan ligada ao cultivo da vide. Ademais, no complexo existe unha sala expositiva dedicada en exclusiva a antigos aparellos utilizados para a vendima e elaboración do viño. 

Tras a visita a Arxeriz, é momento de achegarnos a unha adega moderna e degustar o froito de tan arduo traballo. Aquí, preséntansenos varias alternativas: 

Ao rematar a visita a adega e degustación será probablemente hora de xantar. Se realizades a visita a Abadía da Cova, o restaurante máis próximo é o de Praia da Cova. A uns 20 minutos de distancia, tedes os núcleos dos concellos de Pantón e O Saviñao (outra opción sería Chantada, a pouco máis de media hora). Se, pola contra, escolledes unha adega nas inmediacións de Belesar, Adega do Veiga conta restaurante propio e o centro de Chantada atópase a uns 15 minutos deste punto.

Tralo xantar, achegarémonos ata Belesar, un precioso pobo nas ribeiras do Miño, desde onde comeza a ruta de sendeirismo proposta para a tarde, a PR-G 183 Ruta dos viñedos de Belesar (dificultade baixa). Uns catro quilómetros de percorrido que nos permitirán adentrarnos completamente en terreo vitivinícola. É un roteiro lineal, polo que se a facedes no inverno, cando é noite sobre as 6 da tarde, podedes optar por dar a volta á metade ou por chamar a un taxi para que vos recolla ao final e vos leve de regreso a Belesar (a Parada de Taxis máis próxima é a de Chantada: 982 440 512).
 

OBSERVACIÓNS 

  • Aconsellamos comezar este percorrido coincidindo co horario de apertura do Ecomuseo de  Arxeriz (11:00 horas). 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

 ONDE COMER · Preme aquí para descubrir os restaurantes máis próximos ao punto no que te atopes nese momento (poderás filtrar por concello). 

 MÁIS RECURSOS · Se queres completar o percorrido con outros recursos próximos ao punto no que te atopes, utiliza o mapa interactivo, seleccionando na procura o concello no que te sitúes nese momento (opción recomendada soamente para épocas do ano nas que hai abundantes horas de luz).

 

Diferentes salas expositivas adicadas á etnografía propia de Ribeira Sacra

O museo atópase nun pazo do século XVII, dentro dunha finca de 35 hectáreas. Nos edificios están as distintas salas expositivas.

Apostar pola innovación sen perder de vista as orixes. 

Ribeira Sacra representa un entorno natural único, que temos o deber de preservar, para que poidan desfrutalo, ao igual que nós, as xeracións futuras.

A variedade oferta gastronómica deste lugar débese a riqueza destas terras

A variedade oferta gastronómica deste lugar débese a riqueza destas terras, que ofrece produtos de primeira, elaborados segundo procedementos tradicionais que se mantiveron ata os nosos días.

Esta ruta descende pola beira do río Miño e une os pobos de Belesar e a Veiga

Nesta ruta lineal de pouco máis de catro quilómetros descenderemos ao carón do río Miño por pistas e camiños ben coidados, camiñaremos entre viñedos e finalmente chegaremos a aldea da Veiga, augas abaixo.