
Reforestando Sabugueiro, Hedra e Botón de ouro

Intervención de pintura mural que representa de xeito simbólico o renacer da vexetación sobre un espacio abandonado, a través dunha composición botánica de diferentes elementos de tres especies vexetais que crecen de xeito silvestre na contorna natural da Ribeira Sacra.
O Sabugueiro, a Hedra e o Boton de ouro, que a través da composición armoniosa dos seus elementos característicos, flor, folla, fruto e semente, preténdese trasmitir unha mensaxe de necesidade de coñecemento do noso entorno e o coidado da natureza.
As cores desta composición redúcense intencionalmente para acompañar á outra intervención feita no edificio (un esgrafiado na fachada principal), de xeito que haxa unha coherencia cromática entre as obras e tamén coa contorna, procurando acompañar ó lugar e non resultar invasivo.
Obra realizada por Doa Oa en 2022, dentro das actuacións do Pacto Pola Paisaxe Ribeira Sacra.
Non o perdas!
Moi preto deste mural, na á sur do mosteiro de Santa María, poderás observar outras dúas obras, coñecidas como: Cacharreira, unha homenaxe ás mulleres de Niñodaguia que portaban sobre as súas cabezas as pezas de cerámica aos fornos para ser cocidas e Sábado Longo, na honra da tradicional festividade celebrada no pobo o sábado anterior ao Domingo de Pascua.
Mural Reforestando Sabugueiro, Hedra e Botón de ouro
Información e contacto

Avda Xunqueira de Espadanedo, 93
Xunqueira de Espadanedo
32730 Ourense
Equipamento e servizos



Accesibilidade

