
Creación de contidos web para promoción da rede de museos de Quiroga

A rede museística de Quiroga (museo etnográfico, museo xeolóxico e museos ao aire libre “Arte no Ar” e “Vila literaria”) conta na actualidade cun portal web desactualizado.
Para unha axeitada promoción dos museos do concello precísase da actualización do dominio mediante a creación de novos contidos, en varios idiomas, que engloben a información dos antigos e novos espazos expositivos e se adapten ás novas tecnoloxías e usuarios.
Esta acción daralle cabida na internet á información do produto “Vila literaria de Quiroga”; iniciativa tamén levada a cabo ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.
Data realización: octubre 2022
Enlace web: https://museosquiroga.org/
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.