Que mellorarías?
Paisaxe Cultural Ribeira Sacra
Candidatura Oficial de España a Patrimonio Mundial 2021
Descubre Ribeira Sacra
Podería definirse Ribeira Sacra coma un dos segredos mellor gardados da Galicia interior. Integran este destino un conxunto de vinteseis concellos do sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Ourense, co curso fluvial dos ríos Miño, Sil, Cabe e Bibei como elemento aglutinador.
Desfruta a Ribeira Sacra
Ribeira Sacra ofrece unha ampla variedade de experiencias lúdicas e gastronómicas, e unha ampla gama de produtos locais de altísima calidade distinguidos con marcas de garantía da súa orixe.
Planifica a túa visita
Facilitámosche un directorio dos establecementos de restauración e aloxamento que podes atopar en Ribeira Sacra, así como actividades e oferta complementaria que che axudará a planificar a túa viaxe e a organizar unha estancia á túa medida.