Distancia do percorrido
40,1 km
Tempo do percorrido
1 día
Comezo
Monforte de Lemos
Chegada
Rosende (Sober)

Ruta Enolóxica - Subzona Amandi

Enolóxicas

Con este roteiro enolóxico en Ribeira Sacra visitaremos a subzona da D.O. Ribeira Sacra máis afamada, Amandi. Faremos un percorrido polas súas adegas e miradoiros e gozaremos dunha ruta de sendeirismo entre viñedos bordeando as ribeiras do río Cabe.

Comezaremos a xornada coa visita ao Centro do Viño de Ribeira Sacra, situado en Monforte de Lemos, capital de Ribeira Sacra. Alí, poderemos coñecer de primeira man as peculiaridades da Denominación de Orixe Ribeira Sacra antes de adentrarnos en territorio vitivinícola. Se chegamos a Monforte de Lemos con tempo, podemos aproveitar para visitar a cidade; pasear polasribeiras do río Cabe, admirar a  ponte vella, coñecer a muralla medieval ou a  zona de ámbito xudeu son algunhas das actividades das que poderemos desfrutar.

Trala visita guiada ao Centro de Viño, dirixirémonos á subzona con máis renome da D.O. Ribeira Sacra: Amandi. Para iso, tomaremos a LU-903 en dirección Doade ata chegar ao pobo. Alí, preséntansenos varias opcións:

Unha vez realicemos calquera das actividades anteriores, será hora de xantar, polo que recomendamos se reserve restaurante ou ben en Doade ou noutro punto do concello de Sober (consultar mapa interactivo ou apartado "onde comer"). 

Pola tarde*, dirixirémonos a outro miradoiro sobre os viñedos, aínda que esta vez, máis preto do río: o miradoiro de Amandi (tamén coñecido como o miradoiro dos Chelos). Para chegar desde Doade, tomaremos a LU-5903, en dirección Sober, e iremos pendentes para desviarnos aos poucos minutos cara ao miradoiro de Amandi. 

Despois desta visita, regresaremos á estrada principal e continuarémola ata o núcleo do concello de Sober. Unha vez aí, seguiremos as indicacións para Casa Grande de Rosende, punto onde comeza a nosa seguinte parada: a ruta de sendeirismo PR-86 Sendeiro dos Viñedos de Ribeira Sacra. Estaremos noutra das subzonas da Denominación de Orixe, esta vez pegados ao río Cabe. Como o seu nome indica, esta ruta caracterízase por contar cunha paisaxe vitivinícola, ademais de atravesar aldeas tradicionais ou un antigo conxunto de muíños restaurados.

Se decidides facela completa (12,3km) terminaredes nos Chancís, en pleno Canón do Sil. É un sendeiro lineal, polo que se a continuamos ata o final e non temos medio de transporte para regresar, podemos poñernos en contacto coa parada de taxis máis cercana, Sober: Manuel (677 358 050) ou José Luis (677 43 60 91).

Se facedes este percorrido no inverno (ou outono) aconsellamos camiñar os 2,5 primeiros quilómetros (polas horas de luz), ata a localidade de Portizó, e desde aí regresar seguindo as indicacións a Rosende (variante non sinalizada como ruta de sendeirismo).

 *Outras alternativas pola tarde:


OBSERVACIÓNS

  • Recoméndase comezar o percorrido coincidindo coa hora da primeira visita guiada no Centro do Viño de Ribeira Sacra, é dicir, ás 11:30 horas. 
     

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

 ONDE COMER · Preme aquí para descubrir os restaurantes máis próximos ao punto no que te atopes nese momento (poderás filtrar por concello). 

 MÁIS RECURSOS · Se queres completar o percorrido con outros recursos próximos ao punto no que te atopes, utiliza o mapa interactivo, seleccionando na procura o concello no que te sitúes nese momento (opción recomendada soamente para épocas do ano nas que hai abundantes horas de luz).

 

Situado nun edificio histórico do século XVIII

Situado nun edificio histórico do século XVIII e que anteriormente foi hospital, casino e incluso Concello.

As adegas de Ribeira Sacra tamén permiten a súa visita

As adegas de Ribeira Sacra non se adican exclusivamente a produción de viño. Moitas delas organizan visitas guiadas para que o visitante poida coñecer de primeira man cómo se produce o caldo e tamén as súas calidades. 

A variedade oferta gastronómica deste lugar débese a riqueza destas terras

A variedade oferta gastronómica deste lugar débese a riqueza destas terras, que ofrece produtos de primeira, elaborados segundo procedementos tradicionais que se mantiveron ata os nosos días.

Tamén coñecido como miradoiro dos Chelos

Situado ao carón dunha estrada asfaltada e sobre uns viñedos nun terreo case vertical, ofrece unha espectacular panorámica sobre o Canón do Sil ao seu paso por Sober. Este miradoiro é tamén coñecido como Miradoiro dos Chelos.

Esta ruta comunica o pobo de Rosende co río Sil

A través desta ruta lineal de doce quilómetros percorreremos parte do canón do río Cabe, atravesaremos varios pobos e por último descenderemos entre antigos muíños ata o leito do río Sil.