Galería
Galería

Ruta 4 - Trail Running Center Castro Caldelas

Running

Ruta vermella. Dificultade moi alta - 37 km - 2.250 m de desnivel positivo 

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
37,2 km
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Praza do Prado (Castro Caldelas), xardín da igrexa
Chegada
Praza do Prado (Castro Caldelas), xardín da igrexa
Dificultade
Extrema
Desnivel
Subida: 1904 m
Baixada: 1940 m
M.I.D.E. 0 0 0 0

A Ruta 4 ou Roteiro da Serra de Mazaira comparte o inicio coa R1, pasando pola igrexa e ruínas do mosteiro de San Xoán de Camba, e comparte tamén ascenso vertical á Serra do Sobredo, ruta en paralelo ao río Sobredo e aldeas da parroquia de Alais, pero desvíase ata a Serra de Mazaira xunto a Vilarello para adentrarse no Val de Tronceda de castiñeiros milenarios, ascendendo por Susaos á súa zona máis alta e descendendo por un cortalumes bastante técnico e unha zona de bosque de castiñeiros centenarios esvaradía ata o camiño que unía Carballeiras e Tronceda, con chanzos tallados, fervenzas, bosques de madroños e paraíso do musgo.

Dende Tronceda, descendemos polo camiño de misa por bosques pechados e camiños de muros de pedra centenarios para cruzar dous ríos e comezar o ascenso xunto á ermida de Santiago e os viñedos do val para chegar á Cova do Mario, antigo refuxio de Maquis. Logo, descenderemos en vertical ao río Paradela e ascenderemos pola antiga canteira ata a súa unión coa R3, coa que compartirá o resto do percorrido ata Castro Caldelas, polas Penas de Matacás, viñedos, descenso a Celeirón entre as viñas e ascenso en vertical ata os Bosques Máxicos.

RUTA 4 - TRC CASTRO CALDELAS