
Travesía Centro BTT Ribeira Sacra. A Fábrica da Luz - Parador Santo Estevo

ATENCIÓN: Ruta sinalizada parcialmente para bicicletas. Recoméndase o uso do GPS.
Esta travesía do centro BTT Ribeira Sacra, pertencente á Rede BTT Galicia, permite explorar o Canón do río Sil, no límite entre as provincias de Ourense e Lugo. Dende A Fábrica da Luz hai que afrontar un inicio de ruta moi esixente ata alcanzar a aldea de Barxacova.
En Parada de Sil é obrigatoria a parada en Balcóns de Madrid, un extraordinario miradoiro sobre o Canón do río Sil. A ruta comparte tramos co PR-G 98 e co Camiño Natural Ribeira Sacra través de espectaculares bosques de castiñeiros e pequenas aldeas sempre por camiños estreitos entre antigos muros de pedra. Os miradoiros de O Picotiño e Cabezoás son as nosas derradeiras oportunidades para gozar do Canón do río Sil nos últimos quilómetros que nos conducen cara ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Tipo de firme: 15% estrada (5,81 km), 32% pista asfaltada (11,66 km), 21% pista sen asfaltar (8,22 km), 32% camiños e sendas (12,26 km).
Desnivel acumulado positivo: 1290 m
Accede ao PDF da ficha de ruta aquí.