Ruta polo Miño Este

Esta ruta levaranos a coñecer algúns dos puntos imprescindibles de Ribeira Sacra como o mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón, a impresionante fervenza de Augacaída e a vila de Portomarín, desprazada da súa situación orixinal pola construción do encoro de Belesar.
Comezaremos a xornada no concello de Pantón, visitando a Fervenza de Augacaída, unha das máis altas de Galicia. Para acceder deberemos realizar unha pequena ruta de sendeirismo, que nos conducirá a través dun frondoso bosque ata a fervenza e ata o castro de Marce, un impresionante miradoiro natural sobre o río Miño. Para chegar ao inicio da ruta a opción máis cómoda é tomando a N-120 en dirección Ourense e desviándonos á altura de Guítara.
Tras este soplo de aire fresco, dirixímonos ao seguinte punto: o mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón, tamén coñecido como o mosteiro das Bernardas. Hoxe en día, é o único mosteiro que conserva vida monacal en Ribeira Sacra.
Trala visita (e probar os seus magníficos dulces, por suposto...), desprazámonos ao Museo Etnográfico de Arxeriz. Chegaremos a través da LU-P-4102, estrada que une as localidades de Pantón e O Saviñao.
O Ecomuseo Pazo de Arxeriz é un fantástico espazo expositivo (ubicado nas dependencias dun antigo pazo) relacionado coa cultura da agua e a etnografía de Ribeira Sacra. Ademais, no interior do recinto pódense visitar as excavacións dun castro; castro con vistas ao icónico meandro de Cabo do Mundo.
Ao finalizar a visita, tomaremos rumbo á seguinte parada: a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, unha das xoias do románico de Ribeira Sacra. Para chegar, temos 2 opcións:
- A máis corta: dirixímonos primeiro cara Escairón (pola estrada que tomamos antes do desvío ao Museo Etnográfico) e ao chegar ao centro da vila, seguimos as indicacións para a igrexa de Santo Estevo.
- A máis longa (15-20 minutos máis en coche, sen paradas): esta opción transcurre pegada ao transcurso do río Miño, podendo visitar polo camiño espazos como a Praia da Cova, a igrexa de San Martiño da Cova ou a aldea de Belesar. Para tomar esta opción, debemos seguir as indicacións cara Praia da Cova desde o Ecomuseo. Ao chegar á praia, continuar por esa mesma estrada ata Belesar e desde aí subir cara a vía rápida, en dirección Monforte de Lemos ata atopar a sinalización que conduce a Santo Estevo de Ribas de Miño.
Unha vez finalicemos a visita a Santo Estevo de Ribas de Miño, volveremos á vía rápida e chegaremos a Escairón para dirixirnos por LU-P-4102 a Paradela e desde aí, desvío cara a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, declarada Monumento Nacional no ano 1982, ubicada nunha espectacular paraxe mirando ao Miño, completamente rodeada de viñedos.
Despois desta visita retornamos a Paradela e dirixímonos por LU-633 a Portomarín, unha vila con moita historia, onde finalizaremos a xornada. Tradicionalmente ligado ao Camiño de Santiago, hoxe en día é un dos seus puntos neurálxicos. O novo Portomarín surxe na década dos 60, cando o antigo queda asolagado baixo as augas trala construción do encoro de Belesar. Eiquí poderémonos atopar auténticas xoias como a igrexa románica de San Xoán ou San Nicolás, trasladada pedra a pedra do seu emprazamento orixinal.
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE
ONDE COMER · Preme aquí para descubrir os restaurantes máis próximos ao punto no que te atopes nese momento (poderás filtrar por concello).
MÁIS RECURSOS · Se queres completar o percorrido con outros recursos próximos ao punto no que te atopes, utiliza o mapa interactivo, seleccionando na procura o concello no que te sitúes nese momento (opción recomendada soamente para épocas do ano nas que hai abundantes horas de luz).

Formada polo regato Aguianza, este salto duns 40 metros de altura atópase moi preto da desembocadura no río Miño.


Único mosteiro de Ribeira Sacra que mantén vida relixiosa, tamén coñecido como Mosteiro das Bernardas.


O museo atópase nun pazo do século XVII, dentro dunha finca de 35 hectáreas. Nos edificios están as distintas salas expositivas.



O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño recibe no ano 1998 o primeiro premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma.

A vila naceu á ribeira do río Miño e tiña dous barrios, o de San Juan e o de San Pedro.
No ano 1963, coa construción da presa de Belesar, o vello Portomarín quedou alagado polas augas do Miño. A vila reconstrúese sobre un outeiro, dotando ao novo trazado de certo sabor medieval con rúas empedradas e casas con soportais. Por este motivo se trasladaron ao novo emprazamento, pedra a pedra, a igrexa románica de San Juan e a de San Pedro, e outros edificios de relevancia.
Accesibilidade
