Outros sendeiros non homologados
De dificultade baixa a media, no territorio contamos cunha ampla rede de sendeiros que, aínda que non están homologados pola Federación Galega de Montañismo, atópanse perfectamente sinalizados e son amplamente practicados. Estes son algúns exemplos:
RUTA DA VÍA NOVA (A Pobra de Trives) - 11 km - Lineal
Texto en construción
RUTA DOS SEQUEIROS (A Pobra de Trives) - 3,14 km – Circular
Desde o pobo de Pena Folenche, moi próximo ao miradoiro, esta ruta levaranos entre bosques de castiñeiros ata os antigos sequeiros de castaña, construcións tradicionais nas que se preparaba a castaña para permitir a súa conservación e almacenamento durante todo o inverno.
SENDEIRO DO GARABULLO (Carballedo) – 7 km – Lineal
Partindo da poboación de Castro, moi próxima á capital municipal, atoparemos este sendeiro que nos levará entre bosques e paisaxes de ribeira ata o miradoiro de Penedo do Garabullo, unha impresionante panorámica sobre o río Miño.
RUTA DO RÍO DORELLE (Chandrexa de Queixa) – 8,6 km – Circular
A través de bosques, pontes de pedra e antigos muíños, este roteiro condúcenos á fervenza do río Dorelle, un pequeno salto de apenas 12 metros que podemos ver en todo o seu esplendor en épocas de choiva ou desxeo.
RUTA DOS GLACIARES (Chandrexa de Queixa) – 7,2 km – Circular
Un percorrido para descubrir a pegada dos antigos glaciares que esculpiron a paisaxe deixándonos hoxe un gran manto de vexetación, un espectáculo cromático que vai cambiando en función da estación.
PASEO ENCORO CACHAMUÍÑA (O Pereiro de Aguiar) – 4 km - Circular
Un camiño cómodo e chairo cuberto de vexetación atlántica e mediterránea, rodeado dunha rica e variada fauna que habita o encoro.
RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO LOÑA (O Pereiro de Aguiar) – 13 km – Circular
Pasear os bosques de ribeira e coñecer a fauna de río, comprender a enxeñería hidráulica e o seu papel histórico ou ascencer ata os miradoiros dos montes da Chaira; un carreiro no que descubrir o aproveitamento das augas do Río Loña como enerxía sostible para o desenvolvemento económico e social do municipio.
RUTA DA FERVENZA DE AUGACAÍDA (Pantón) - 2,2 km - Lineal
A ruta levaranos a unha das fervenzas máis belas da zona, cunha gran altura, un impresionante salto de 40 metros. Ao final do carreiro, atópase o Castro de Marce, un precioso miradoiro natural sobre o Miño.
RUTA A EMBELESADORA (Taboada) – 10,5 km - Circular
Unha ruta para gozar cos sentidos. Durante o traxecto, o visitante poderá atopar paisaxes como viñas esculpidas nas ladeiras do Miño, o afamado Castro Candaz (sempre que o nivel do río permítao) ou diferentes mostras de esgrafiados.
RUTA PORTA DO CANÓN DO SIL (Xunqueira de Espadanedo) – 16 km – Circular
Partindo do mosteiro de Sta Mª de Xunqueira de Espadanedo, esta ruta levaranos por camiños forestais entre castiñeiros, carballos, bidueiros e piñeiros ata o alto do monte Meda, percorrendo recursos do concello como o neveiro ou os miradoiros de Val do Medo e Campo do Eirado.