Buscador xeral
Mural "Castelo da Peroxa, vaca rubia e uvas"
As ruinas do Castelo da Peroxa son o principal elemento patrimonial do concello e a gandeiría de cría de vacas de raza rubia galega, amparada baixo a IXP Ternera Gallega, e o cultivo das uvas son dous modos de vida da xente da Peroxa.
Mural " A tecedeira"
O proceso de preparación dos fíos de liño era moi complexo e precisaba da colaboración de moita xente do pobo (principalmente nenos/as e mulleres).
Mural "Pulpeira"
As feiras tradicionais galegas servían para comerciar co gando, cos produtos agrícolas ou con todo tipo de produtos necesaríos de ferrería, olería,...
Pero tamén eran, e siguen sendo, un lugar de xuntanza, onde as pulpeiras son as grandes protagonistas cocendo coas súas grandes potas e cortando e preparando diante da xente as racións no plato de madeira con sal gordo, aceite de oliva e pementón .
Mural "Homenaxe á muller labrega"
Máis que merecida homenaxe a todas esas mulleres que co seu duro traballo criaron as familias, cultivaron o agro, coidaron das casas e conseguiron saír adiante.

Mural "O Irrio"
A orixe desta máscara pérdese no tempo e pode ser que tivera unha natureza totémica (según Vicente Risco). Hai versións que din que representa un cobrador de impostos para a nobreza e outras que foi un rebelde contra os condes e o defensor do pobo. Tamén se especula que derivou do Entroido ao usarse nas festas da patrona da vila.

Mural "Ribeiras do Miño"
O río Miño atravesa o concello de Chantada deixando unha paisaxe espectacular.

Mural "A vendima, Cabo do Mundo e petróglifos"
O traballo de recollida da uva, a impresionante paisaxe que forma o río Miño nese lugar e os antigos debuxos realizados polos nosos devanceiro gravando na pedra foron os elementos escollidos para este mural.
Mural "Fillas dunha xacia"
Este mural está baseado nunha lenda da zona da Ribeira Sacra que está recollida no libro "Reseña histórico-descritiva da parroquia de Vilar de Ortelle e a súa comarca" de Ramón Castro López (1929) reeditado no ano 2000.
Mural "Camino Francés a Santiago"
O mural mostra a igrexa de Santa María de Castro de Rei e a un peregrino percorrendo o Camiño Francés a Santiago de Compostela.

Mural "Vitis vinífera"
Este mural duns 15 metros de longo mostra de esquerda a dereita o proceso de maduración da uva.
Mural "A pesca"
Distintos peixes de río como a troita ou a lamprea decoran este mural dedicado á pesca no Sil.

Mural "Olería de Gundivós"
Gundivós é unha aldea con unha ampla historia oleira, xa que nas súas ánforas se levaba o viño de Amandi á mesmísima Roma en época do Imperio Romano.

Mural "Festa das Fachas"
Unha tradición de máis de dous mil anos de historia e declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Mural "O ermitá de San Mamede"
Conta a historia que un ermitá para construír a ermita no alto da serra contou coa axuda de dous corzos para cargar pedras. Un día, un lobo atacou a un dos corzos polo que o ermitá púxoo a traballar con eles. Así foi como a ermita de San Mamede foi finalizada coa axuda dun corzo e un lobo.
Mural "Paragüeiros e afiadores"
Coñecidos polo mundo enteiro polo sonido do seu chifre e a habilidade para afiar todo tipo de obxectos cortantes.

Mural "O magosto"
A festa do magosto celebrase no outono, na época das castañas.
Murais dos Peares
En 2016 o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, acometeu unha intervención no entorno da estación e do Museo do Ferrocarril dos Peares, consistente na realización de 9 murais artísticos de grandes dimensións, ademáis de outras pequenas actuacións de humanización da contorna.

Mural "Os barquilleiros do Sil"
Este obxecto de estaño, parecido a un cántaro de leite e con debuxos feitos a pincel, era onde se transportaban tradicionalmente os barquillos, unhas obleas de fariña de trigo, auga, mel e canela.

Mural "Quercus"
A obra de Doa Oa caracterizase pola representación de elementos naturais característicos da zona, nun proceso que ela denomina "Reforestando".
Mural "Historia de Portomarín"
Portomarín é sinónimo de Camiño de Santiago, polo que a figura central do mural non podía ser outra que un peregrino coa súa vestimenta tradicional.