O xeodestino Ribeira Sacra continúa apostando pola calidade
O xeodestino Ribeira Sacra suma 10 novos servizos turísticos co distintivo “Compromiso de Calidad Turística”, selo de calidade outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo.
Ribeira Sacra, 9 de febreiro de 2023
É o resultado do informe emitido polo Comité SICTED 2022 e que vimos de coñecer recentemente. Deste xeito, 10 novas empresas e institucións pasan a formar parte dos 42 servizos turísticos, acreditados polo organismo estatal, cos que conta na actualidade o xeodestino Ribeira Sacra.
Para poder ter acceso a este selo de calidade é imprescindible que o destino no que se desenvolve o servizo en cuestión se atope dentro da rede de Destinos SICTED de España, rede á que Ribeira Sacra pertence dende o ano 2020.
Os servizos turísticos interesados en acadar a distinción puideron participar no proceso previa solicitude ao Consorcio de Turismo, órgano xestor do Destino SICTED. Unha vez analizado cada caso particular por un equipo experto e concedido o distintivo de calidade, este ten unha validez de dous anos, aínda que sometido a unha avaliación anual que verifique que se seguen a cumprir os estándares de calidade e se implementan procedementos de mellora continúa no servizo ofertado.
Este selo é o recoñecemento ao esforzo e compromiso das empresas e institucións do xeodestino coa mellora continúa, calidade e satisfacción do visitante, distinguindo ao servizo turístico e ao destino fronte a outros.
O proceso de adhesión e renovación de distintivos das anualidades 2020, 2021 e 2022 é unha actuación recollida e financiada ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.
Comprenden a listaxe actual de empresas acreditadas co “Compromiso de Calidad Turística”:
Novas incorporacións:
- RUTAS FLUVIAIS: Turismo Pantón
- ALOXAMENTOS: Hotel O Balcón da Ribeira, Carrioza Alojamiento Turístico, Reitoral de Chandrexa, Ecolagar O Barqueiro e Reitoral de Parada.
- ADEGAS: Vía Romana Adegas e Viñedos.
- OUTROS SERVIZOS: Mosteiro de Santa Mª de Xunqueira de Espadanedo, Museo-Taller de Olería de Niñodaguia e Monte da Roda.
Servizos que renovan o distintivo:
- RUTAS FLUVIAIS: Siltrip e Viajes Hemisferios
- ALOXAMENTOS: Casa Rural O Canto da Terra, Casa do Romualdo, Apartamentos Río Sil, Casa Vistaboa, Casa Darío, Hotel Condes de Lemos, Casa Santiago, Apartamentos Ribeira Sacra, Casa Solveira, Hotel Mogay, Casa Grande de Covas Apartamentos Turísticos, Rural Luxury Pombar, O Remanso dos Patos, Hotel – Apartamento Miradores do Sil, Casa de las Flores, Casa do Polo, Casas Quo Vadis e Casa das Xacias.
- RESTAURANTES: Portomiño e A Cantina.
- ADEGAS: Adega Condado de Sequeiras e Adega Proencia.
- OUTROS SERVIZOS: Oficinas de Turismo de Chantada e Parada de Sil, Enoturismo Galicia, Máis que Románico Rutas, Novas Rutas, Casa-Museo Fábrica de Chocolate, Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Genuine Galicia e Eurotaxi Quiroga.